Semana da ciencia na ESO
As alumnas e os alumnos da ESO do CPR San Fermín disfrutaron das diferentes actividades que se realizaron con motivo da celebración da semana da ciencia. Podemos ver unha mostra dalgún dos xogos "matemáxicos" ou dos experimentos de física e química que se levaron a cabo no laboratorio de ciencias do noso colexio.