Pastoral
Os colexios dos Padres Somascos, postos ó servizo da xuventude, somos centros confesionais católicos. Como tales, formamos parte da Igrexa local e compartimos activamente a súa misión evanxelizadora, participando na Pastoral de conxunto.
O ensino relixioso escolar forma parte da educación na fe e da súa oferta.
Así pois, pretendemos que o clima da nosa escola esté configurado pola vivencia cristiá e que todo ensino constitúa un diálogo entre fe e cultura.
Ademais, completando a Pastoral educativa do centro, ofertamos unha serie de actividades de libre opción, entre as que se atopan a oración e a vida sacramental.