Educación Secundaria Obrigatoria
A Educación Secundaria Obrigatoria correspóndese co período de maduración dos nosos alumnos; por iso consideramos de vital importancia as ensinanzas que porporcionamos nesta etapa.
Apostamos por unha educación integral que abrangue cada un dos diferentes ámbitos que conforman á persoa.
Por outra banda, somos conscientes dos grandes cambios que implica a adolescencia nos rapaces; por dito motivo, preocupámonos por ofrecer unha coidada atención á diversidade, en colaboración constante co Departamento de Orientación.
Ademais, no presente curso 2015-2016, o CPR San Fermín de Caldas de Reis pasa a formar parte da rede de centros plurilingües de Galicia, polo que a lingua inglesa utilizarase como lingua vehicular á hora de impartir diferentes materias.
Co obxectivo de mellorar o rendemento escolar dos alumnos e alumnas, perfeccionar a expresión oral e potenciar o uso da lingua inglesa nas situacións da vida cotiá, tamén ofrecemos, ó noso alumnado de 1º, 2º y 3º ESO, a posibilidade de participar nunha inmersión lingüística na localidade de Westgade On Sea, no sureste de Inglaterra.
Información publicada
Durante a semana do 2 de maio, o alumando da ESO puido ver, no noso centro, a proxección do Planeta Móbil NANOCAM. |
Dous grupos de alumnos de 4º da ESO participaron no concurso "Explícoche matemáticas 2.0" organizado pola USC e p |
Por segundo ano consecutivo, un alumno do noso centro clasificouse para a final da Olimpíada Matemática de 2º ESO organizada por Agapema (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática) |
|
|