• Galego
  • Español
Inicio >> Aula >> Educación primaria >> E-DIXGAL

E-DIXGAL

O proxecto E-DIXGAL arranca no curso 2014/2015 incorporando a 2.500 alumnos de 5º de primaria, uns deses alumnos/as foron os nosos de 5º de Primaria. No curso 2015/16 a previsión é que a plataforma estea dispoñible en 5ª e 6ª de primaria e 1º de ESO cun alcance de 7.500 alumnos e que no terceiro ano do proxecto, no curso 2016/2017 sexa empregado por 12.500 alumnos de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. Así, en 3 anos o proxecto chegará a un total de 22.500 estudantes.

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.400 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.

Na plataforma de aprendizaxe virtual, os alumnos poderán acceder, tanto de xeito online como off line, a contidos curriculares completos e gratuítos para as familias facilitados pola Xunta como a aqueles elaborados polos propios docentes dos centros educativos. Ademais, esta nova ferramenta facilitará o acceso aos contidos de pago de empresas editoras gazas á conexión co Punto Neutro do Ministerio de Educación.

O proxecto Educación Dixital (E-DIXGAL) ten como obxecto favorecer a incorporación xeneralizada das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no desenvolvemento da actividade educativa, facilitando aos centros adscritos á rede Abalar a dispoñibilidade de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto na totalidade do currículo de 5º de Educación Primaria no curso 2014 - 2015, ampliándose a outros cursos e etapas nos anos seguintes.

Durante o primeiro ano de implantación no noso Centro, houbo moitas dificultades. Algunhas viñeron dadas porque a implantación foi feita dun xeito moi precipitado, pois, non se contaba coa infraestrutura necesaria para levala a cabo. Tampouco nin o alumnado nin o profesorado estaba o suficientemente preparado para levar a cabo o Proxecto. A plataforma tardou moito en cargar e permitir o acceso ao material dixital, pois, pasado o 1º trimestre aínda non tiñamos cargado o material. Durante este curso 15-16 tamén houbo moitas dificultades ao querer cargar o material. Como neste curso se ampliou aos cursos de 6º e 1º ESO, o sistema bloqueouse e volvemos a estar sen parte do material. Houbo que recorrer ao escaneado dos libros, aos pendrive para poñerlle o necesario para dar o temario. Esperamos que pouco a pouco se vaia normalizando a situación e poidamos acadar os obxectivos do Proxecto.

Outro dos problemas cos que nos atopamos e o de que, moitas familias, non tiña conexión a Internet, o que supuxo un gran problema para que o alumnado puidera estudar e facer as tarefas na casa. 

Pouco a pouco estes problemas estanse a superar. No caso do noso Centro, estamos tratando de aumentar o sinal de internet para que poidamos conectarnos todos ao mesmo tempo e así poder conectarnos e usar o material dixital.

 

Para máis información: Proxecto Educación Dixital, Xunta de Galicia