Proxecto Abalar
É un proxecto que substancia a estratexia para integración plena das TIC na práctica educativa de Galicia. O Proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo.
O noso Centro subiuse ao Proxecto ABALAR durante o curso 2.011-2.012, só no curso de 5º Primaria, e ao ano seguinte xa se implantou nos cursos de 5º e 6º de Primaria.
Os primeiros atrancos cos que nos atopamos foron os de dispoñer do material adecuado para levalo a cabo. A Consellería só dotaría ao Centro cos Netbooks, todo o demais correría a cargo do Centro. Isto supuxo para o Centro unha inversión económica que houbo que realizar pouco a pouco. Así o fixo ao longo dos cursos 11-12 e 12-13, dotando ás dúas aulas de:
- Dous proxectores.
- Dúas pantallas dixitais.
- Dous ordenadores portátiles para cada aula, para uso do profesorado.
- Dous mobles cargadores para os Netbooks.
- Aumentar e reforzar o sinal de Wiffi con 2 puntos máis de acceso a internet.
Agora podemos dicir que estamos nunhas condicións óptimas para levar a cabo os obxectivos do Proxecto ABALAR. De feito, os alumnos/as, foron realizando traballos que, posteriormente, expoñían nas clases de cursos inferiores: Samaín, Semana de Europa, Constitución, Paz, Letras Galegas,...
Para máis información: Proxecto ABALAR Xunta de Galicia