Semana da froita
No curso pasado levamos a cabo a Iª Semana da Froita no noso Centro. Para elo solicitárase unha subvención que nos fora concedida. Permitiunos comprobar que algúns alumnos/as nunca tomaran algunha das froitas que se elixiran para repartir durante a semana. Por certo, a froita que máis éxito tivera foran as cereixas.
Dado que a subvención fora irrisoria, que non cubría nin os gastos dos trámites a realizar para recibila, este curso vai ser o propio Centro, cos seus recursos económicos, quen organice e leve a cabo a IIª Semana da Froita.