• Galego
  • Español
Inicio >> Aula >> Educación primaria >> Teatro

Teatro

Os cursos de Primaria veñen asistindo a unhas representacións teatrais que se celebran en Pontevedra, organizadas pola Fundación de A BANCA. Dado que a obra de teatro ten unha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos, o Centro decidiu combinar esta actividade coa visita cultural ao Museo de Pontevedra. O pasado 18 de Novembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria gozaron desta mañá cultural seguindo o programa:

  • De 10 a 11.- Visitaron o Museo de Pontevedra.
  • De 11:30 a 13:00 horas.- Asistiron, no auditorio do Centro Cultural A BANCA, Á obra teatral “NANA PARA UN SOLDADO” . Unha obra cómica, pero cun final dramático.

Para o próximo venres 22 de Xaneiro de 2.016 teñen programado levar a cabo unha mañá cultural, seguindo mesmo programa, o alumnado de 5º e 6º de Primaria.