• Galego
  • Español
Inicio >> Aula >> Educación primaria >> Xogade

Xogade

A Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte puxo en marcha no curso 2009-2010 os Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar, co programa XOGADE. Apostando por un modelo deportivo competitivo aberto a participación, tal e como queda reflectido na Carta Europea do deporte, promocionando a saúde, a condición física e o benestar, buscando que todos os escolares teñan acceso á práctica de actividades lúdicas e deportivas, sen existir ningún tipo de discriminación. Na actividade deportiva conviven 21 modalidades diferentes con actividade de carácter local, provincial e autonómica. Cada modalidade deportiva posúe a súa propia normativa específica, aínda que como carácter xeral pódese establecer o seguinte: está organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través dos servizos de deporte de cada provincia e das agrupacións deportivas de zona, coa colaboración das federacións galegas e as diversas asociacións organizará, se fose necesario, polo número de inscricións, as fases das diferentes modalidades deportivas que se considere necesarias...

Vai dirixida aos centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións etc., que o desexen, pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia.

O noso Centro ven participando neste programa dende que foi posto en marcha. Ao principio participamos cos Benxamíns, Alevíns e Infantís. Fai uns tres anos, ao non inscribirse na Categoría Infantil os Centros do entorno, tivemos que deixar de participar cos Infantís. Actualmente, seguimos participando nas Categorías de Benxamíns e Alevíns. Os deportes nos estamos inscritos son: fútbol-sala, baloncesto, balonmán e voleibol. Os Centros que participan son : D. AURELIO DE CUNTIS, DOMINGO FOTÁN DE PORTAS, PROGRESO DE CATOIRA e SAN FERMÍN. Os resultados acadados nas xornadas celebradas son moi satisfactorios; non só no aspecto deportivo senón tamén no participativo, comportamental...

Para que teñades unha referencia da nosa participación, completamos a información cas galerías fotográficas deses días: Benxamín, Alevín