Educación primaria
A etapa da educación primaria (dende os 6 ata os 12 anos) é un período no que se producen importantes cambios no desenrolo evolutivo do alumnado, tanto a nivel cognitivo, como a nivel social, afectivo ou motor.
Tendo isto en conta, no CPR San Fermín, damos especial relevancia ás aprendizaxes desta etapa, abarcando cada un dos niveis de desenrolo e non soamente o aspecto cognitivo.
Ca fin de aportar un ensino integral, participamos en diferentes proxectos e actividades, tales como:
- Proxecto Abalar: integración das TIC na práctica educativa; o seu principal obxectivo é o de transformar os centros educativos tradicionias en centros educativos dixitais.
- Proxecto E-Dixgal: fase avanzada do Proxecto Abalar; integración de entornos dixitaias e libros electrónicos dentro da aula.
- Seccións bilingües: organización do ensino de diferentes materias que se cursan dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e outro, estranxeira.
- DAFIS: fomento da actividade física. Tratamento de datos relacionados coa vida saudable.
- Semana da froita: promoción dos hábitos de vida saudables.
- Teatro: asistencia ó teatro de Pontevedra e posterior ruta guiada pola cidade.
Enlaces de curso
Información publicada
|
|
|
|