Historia
Nun lugar de Galicia, de cuxo nome hoxe quero acordarme, o 22 de setembro de 1958 chegaban a Caldas de Reis os primeiros Padres Somascos ca única fin de conseguir abrir o novo "Colexio San Fermín".
Os "Hermanos de las Escuelas Cristianas", o 11 de febreiro de 1919, pechan o primeiro Colexio San Fermín cando estala a guerra civil española.
Non hai pupitres nin cadeiras; soamente uns bancos de dez plazas, medio roídos, herencia histórica do vello San Fermín, pero o Concello regala táboas de piñeiro para uns novos e os "Araújos de Bemil", que eran carpinteiros, construíron outros novos con esa madeira.
Iniciábase un lento camiño pero cheo de esperanzas co P. José Costamagna, o P. Jorge Mombelli e o P. Lorenzo Eula, enriquecidos polo entusiasmo e a vontade de servir e de ensinar, que era a única riqueza da que dispoñían.
Dende o primeiro momento puideron palpar a benévola acollida da xente de Caldas de Reis, que lles recibiran con moito cariño e, como gran anécdota, o ver como as señoras e señoritas, do pobo de entón, limpaban os cristais das casas con augardente.
Pero neste noso camñar de Quixote, é de xustiza recordar a unha persoa que desempeñou un papel primordial D. Fermín Mosquera, Fundador do primeiro Colexio de toda a comarca.
O 8 de febreiro de 1959 é a inauguración oficial do que hoxe chamamos Colexio San Fermín, que ano tras ano, acolleu nas súas aulas as distintas xeracións de nenos e nenas de Caldas de Reis e do seu entorno.
En 1962 inaugúrase o Salón de Actos e a Capela. En 1966 remátase a construción dun novo edificio enfrente ó Colexio, destinado a residencia da Comunidade, Seminario Somasco e o Internado.
En 1978 realízase a construción do novo edificio para E.G.B.
En 1986 finaliza a reestruturación e ampliación do vello edificio escolar, con alzado dunha pranta, que se destina a Formación Profesional de primero grao nas ramas Administrativa e Electrónica, que se impartía dende facía varios anos no Centro. Unha vez rematada esta obra, adáptase todo o edificio segundo a normativa esixida pola Delegación de Educación para impartir o segundo grao de Formación Profesional na rama Administrativa e xa estamos en 1988. [...]
A actividade educativa, que neste momento ofrece os servizos de aula de 2 anos, Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Ciclos Formativos de Grado Medio, está moi apoiada pola Asociación de Nais e Pais do Colexio San Fermín, que presentes en todo momento, axudáronnos a levar a cabo moitas actividades que nos enchen de satisfación.
Texto orixinal escrito por Mª Luisa Fernández Treviño