Día Europeo da Música
Con motivo da celebración do Día Europeo da Música e coincidindo co final deste curso tan “especial”, o profesorado do colexio San Fermín queremos enviarvos unha mensaxe de agarimo e desexarvos un bo verán no que recuperedes todas as vosas ilusións.
Para manter o fermoso vínculo que nos vencella o mellor é manter a música nas nosas almas.Lembrade o que dixo L.v. Beethoven: "A cultura das Artes e das Ciencias sempre foi, e será sempre, o máis fermoso vínculo entre os pobos, mesmo os máis afastados".