Festa dos Maios 2019
Antigamente, con esta festa os galegos celebraban a chegada da primavera e o final do inverno. Desta maneira, propiciaban a obtención de boas colleitas.
Hoxe en día, os maios son a última manifestación folclórica que se festexa en Galicia para despedir o inverno. Son figuras típicas, entre as que domina a forma cónica ou piramidal, fabricadas con armaduras de varas ou canas, recubertas con elementos naturais como musgo, paus ou flores silvestres. Tamén se crean pezas máis artísticas en forma de monumentos, hórreos, barcos, etc. Ao redor delas cántanse coplas, cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.
Ademais, na plaza das palmeiras do Concello, convócase un Concurso de Maios e Coplas no que participan todo tipo de grupos e colectivos sociais e culturais.