Magosto 2016
O venres 11/11/16, levamos a cabo a celebración do Magosto. Como cada curso, a tarde do venres. foi de celebración dunha actividade moi popular na nosa C. Autónoma: O MAGOSTO.
As actividades que se levaron a cabo foron:
- Asado de castañas, que o realizan os máis grandes do Cole, o alumnado de Ciclos Formativos.
- O alumnado de Primaria leva a cabo xogos populares, nos patios do Centro, mentres se asan as castañas.
- Na 2ª hora da tarde, tamén saen ao patio o alumnado da ESO.
- Sobre as 16:30 horas, cando as castaña xa están asados póñense en fila cos seus cestos, feitos por eles mesmos para ocasión, e recollen as castañas que os de CF reparten de xeito equitativo. Tamén se reparten castañas cocidas con fiúncho, na cociña do centro.
- Ao remate da celebración, unhas brigadas de limpeza compostas polo alumnado da ESO, encárgase da limpeza dos patios.