Primeiro Trimestre Infantil
O primeiro trimestre foi moi movidiño. Moitas actividades e os peques do cole participamos en todas porque temos moita enerxía.
Os nenos e nenas do colexio demostraron as súas grandes dotes de fantasía e creatividade decorando cabazas para a exposición que se organizou no centro para celebrar a festa do Samaín.
Para o magosto fixemos unhas coroas e uns cestiños que usamos para gardar as castañas. Fíxonos moita ilusión esta festa, disfrutamos participando en diversos xogos, as castañas tiveron moito éxito. ¡¡e os nosos adornos quedaron preciosos!!
Os peque-científicos tamén celebramos a Semana da Ciencia e para eso contamos coa axuda dos alumnos de 6º de Ed.Primaria, eles fixeron varios experimentos cos que disfrutamos e nos divertimos.
Un ano máis celebramos o tradicional Festival de Nadal do Cole. Este ano os peques bailaron unha panxoliña de Fofito, contaron alguns chistes e cantaron unha panxoliña do circo (tema deste ano) vestidos de paiasos. Saíulles moi ben, ós papás e ó público en xeral gustoulles moitísimo. Trala actuación, como xa è costume visitáronnos as súas maxestades os Reis Magos e a cada neno/a trouxéronlle un regaliño porque "foron moi bos".
O último día de clase Papá Noel veu ó colexio, percorreu todalas clases, repartiu caramelos e recordoulle a todolos nenos-as que tiñan que portarse moi ben.