Proxecto Terra - Eu son Inspect@r Urbanístic@
O alumnado de 2º da ESO ORDENOU O TERRITORIO gracias á axuda das inspectoras da Axencia de Protección Urbanística que nos visitaron na actividade do Proxecto Terra - Eu son Inspect@r Urbanístic@.
Ademais, un ratiño visitou aos compañeiros e compañeiras de infantil. Nun gran espectáculo que nos engaiolou, contounos que vivía nun pobo moi bonito con árbores, casas preciosas e un río . Máis, un día, apareceu un home moi rico que esnaquizou todo o seu bonito mundo para construír edificios enormes.
Hoxe aprendemos que debemos protexer e coidar o noso territorio, xa que paga a pena. Se descubrimos que alguén non o está a facer podemos pedir axuda no concello ou na Xunta de Galicia, porque: Eu son Inspect@r Urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu.