Semana das Letras Galegas 2017
A Real Academia Galega acordou que a celebración de 2017 estivese dedicada a Carlos Casares. Membro numerario desta institución ata a súa morte en 2002, Casares foi un dos autores de referencia da narrativa galega do século XX, cun compromiso co gran público lector, tanto a través das súas obras como das súas colaboracións na prensa. Esta faceta de escritor compaxinouna primeiro co seu labor como ensinante e despois cunha dimensión pública cómo xestor e dinamizador de proxectos de gran relevancia para a cultura galega, como a editorial Galaxia, da que foi director, o Consello da Cultura Galega, que presidiu entre os anos 1996 e 2002, ou o Centro PEN Galicia, ademais da propia Real Academia Galega. Casares tamén xogou un papel importante na difusión exterior da nosa literatura, grazas á súa participación permanente en espazos de encontro internacional de escritores.
No noso Centro realizáronse varias actividades para celebrar esta “Festa da Lingua Galega”. Salientamos as seguintes:
- Colocación polos paneis do patio do Cole e polos corredores de primaria, os murais que enviou a Xunta sobre Carlos Casares.
- Realización, a nivel de aula, de actividades propostas polos mestres de Lingua, ademais das enviadas pola Consellería.
- Realización por parte do alumnado de 5º e 6º de primaria duns PowerPoint, nos que se recolle a biografía do homenaxeado; así como, as súas obras. Posteriormente, estes traballos foron expostos, polos seus autores, nas clases de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria.
- O martes 16/05/17 pola tarde, antes do inicio das clase, realizouse no patio do Cole un acto no se tocaron e bailaron pezas da danza e música galegas. Posteriormente leuse un resumo da biografía do autor e rematouse cunha interpretación do himno galego tocado en directo coa gaita por 3 nenos/as de ESO e Primaria.
Para ter constancia dos devanditos actos poñemos unha galería de fotos …