Visita IEO Vigo - Investigación Marina e Divulgación
Puidemos gozar dunha exclusiva visita ó IEO Vigo - Investigación Marina y Divulgación, como agasallo outorgado a 1º da ESO gracias a que o noso alumno, Alejandro Campo Herbés, acadou o segundo premio polo seu relato no III Concurso de debuxo e relato contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Recibiunos, moi atentamente, a directora do centro, quen nos explicou en que consiste o importante traballo que están a desenvolver no instituto. Percorremos a piscifactoría e o resto das instalacións e puidemos participar como biólogos mariños analizando mostras de algas e peixe.
Foi unha xornada moi productiva na que aprendemos moitas cousas.