• Galego
  • Español
Inicio >> Node >> Bookcrossing

Bookcrossing

A filosofía do bookcrossing é crear unha biblioteca xigante na que os libros viaxen polo mundo, podendo así achegar os libros a moitos lectores de maneira gratuíta.

Nós no colexio imos facer o noso bookcrossing particular. Animamos e convidamos a toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, pais, nais...) a participar nesta campaña, traendo ao centro algún libro que vos gustara moito e do que non vos importe desprendervos, para que así, outra persoa poida gozar desa lectura, tanto como vós o fixestes .Os profesores terán unas fichas para facer o rexistro das viaxes que farán os nosos libros, ninguén debe levar un libro sen ter traído outro e sen ter pasado polo rexistro.

Se alguén quere animarse a converterse en "bookcrosser" oficial,(aínda que isto non é necesario para o bookcrossing que imos facer no cole), pode facelo a través desta páxina web BOOKCROSSING – SPAIN

As tres máximas do bo "bookcrosser" son as tres "eRRRes":

  1. Read : Lee un bo libro
  2. Release : Libera o libro
  3. Register : Rexistra o libro para poder seguirlle a pista 

Esperamos que sexades moitos os que vos animedes a "liberar" libros, pois só así conseguiremos que esta actividade sexa todo un éxito.

Departamento de Plurilingüísmo