• Galego
  • Español
Inicio >> Node >> Escoita...E Camiña

Escoita...E Camiña

A utilización da actividade musical como medio para fomentar o desenvolvemento físico-psíquico de todos os participantes na actividade. Para iso, foméntase o uso da escóita musical, tanto en actividades deportivas, como en técnicas de concentración e relaxación (Ex. Preparación de exames e actividades de traballo diario).

Dende o Departamento de Música e en colaboración co alumnado de 2º, 3º e 4º sa ESO, traballouse en grupos reducidos visualizando os diferentes vídeos do proxecto, coa finalidade de escoller a música axeitada para acompañar cada unha das actividades desenvolvidas, resultando para eles un xeito moi doado de entender a relación entre a música e o exercicio físico, así como a axuda á concentración.

Traballouse en varias sesións facendo pequenos grupos, de maneira que se poideran contrastar ideas e gustos musicais son respecto ás actividades físico-deportivas que tiñamos que ter en conta para acompañalas musicalmente, e tratar así de que os resultados fosen o máis satisfactorios posibles.

https://www.youtube.com/watch?v=LNBjMRvOB5M

https://www.youtube.com/watch?v=OBwS66EBUcY

https://www.youtube.com/watch?v=btPJPFnesV4

https://www.youtube.com/watch?v=I_izvAbhExY