• Galego
  • Español
Inicio >> TICS ESCOLA INFANTIL

TICS ESCOLA INFANTIL

AS TIC’s na Escola Infantil San Fermín

Na Escola Infantil San Fermín decidimos subirnos ó carro das novas tecnoloxías e incorporar no proceso educativo o uso de ferramentas TIC. Por iso, ademais dunha TV táctil xigante con conexión á rede Internet tamén dispoñemos de 25 tablets para aprender moitas cousas empregando aplicacións variadas. Algunhas delas son:

  • Moo and animals: para relacionar sons cos animais que os producen.
  • Baby Puzzles: axuda a desenvolver a habilidade motora dos nenos a través dunha sinxela interface chea de cor, onde predominan imaxes con animais.
  • Adventure in the Jungle: con diferentes seccións nas que se traballan tanto os crebacabezas como a localización espacial, ou tamén os números.
  • The memory: xogos de memoria para axudar ao neno a axustarse ao seu nivel de concentración e agudeza visual.
  • MeeGenius Books for Children: para ter un contacto inicial co inglés.
  • Phonics Songs: que usa cancións para favorecer a aprendizaxe deste idioma.
  • Brushing Time: para crear o hábito saudable de que os nenos teñan o costume de cepillarse os dentes.
  • Pepi Bath: para ensinar aos nenos os hábitos hixiénicos diarios máis importantes.

O material TIC co que contamos na Escola Infantil San Fermín foi en parte grazas á concesión de unha axuda para investimento na mellora das infraestruturas e equipamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, concedida no ano 2019 (cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).

https://ec.europa.eu/info/departments/regional-and-urban-policy_en

https://www.dgfc.sepg.hacienda.gob.es/